En este artículo encontrarás

Dende o Finisterre ata o centro do Mediterráneo como Mare nostrum a viaxe foi longa. Un camiño que aínda hoxe recorro e que levoume a renuncias, fatigas e esperanzas, coma os de tódolos camiñantes. Propóñovos falar de Roma en galego, camiñar xuntos por esta Roma, meta e camiño para tantos.

Roma e Galicia, camiños de ida e volta

Cando o destino coincide co que imos facendo

Froito do meu traballo de guía e da vida e estudios en Roma é un itinerario que chamo:

Santiago en Roma. Una camiño de ida e volta.
Palabras galegas na historia, lugares e arte de Roma. 

Capilla dedicada a Santiago en Plaza Navona

E la mia donna, piena di letizia,
mi disse: «Mira, mira: ecco il barone
per cui là giù si visita Galizia».

(Dante. Paradiso canto XXV)

Unha visita galaico-romana para descobrir como en Roma está presente o noso Finisterre. Vir a Roma, quedarse e construila con sabor galego.
Escribe ó meu correo: [email protected] para prepara-la tua viaxe e participar nas visitas en galego por Roma.

Visita Roma con un Guía Profesional Visitas Guiadas

tour vaticano icono Tour Museos Vaticanos y San Pedro

tour coliseo Tour Coliseo – Foro y Palatino

traslados en roma transfers Traslados Roma

Un amigo galego En Roma.

Unhas palabras do meu amigo Xoan a quen dou as grazas por elas e por tantas outras que espero poidamos compartir. A sua Roma en galego:

‘Eu xa estiven varios días en Roma hai anos pero estou seguro que a volverei a descubrir con novos ollos. Hai persoas que pensan que despóis de estar uns días ou unha temporada nunha cidade ou incluso nun país xa non teñen nada que ver. Despóis dunhas cantas viaxes eu sei que iso non é así. E curiosamente aprendinno pelegrinando varias veces a Compostela (a nosa Roma íntima e particular).

Roma en galego

O final dunha pelegrinación ou dunha viaxe sempre é o comezo doutra. É preciso ver o que non foi visto, ver outra vez o que xa se viu, ver en primavera o que se viu en verán, ver de día o que se viu de noite, gozar da chuvia cando xa se gozou do sol,… É preciso repetir camiños andados para volver a debuxar novos camiños a carón deles. De igual xeito que se relen os libros hai que volver a reiniciar viaxes. Sempre. Porque nas viaxes as páxinas son os rostros das persoas, as sombras que mudan de lugar, a cor da paisaxe,…O viaxeiro retorna sempre.’

Artistas galegos en Roma

Fotos de Jesus Madriñan, artista gallego en Roma

Foto de Jesús Madriñán en su colección ‘Dopo Roma’

Roma e con ela, as palabras os encontros con algúns xóvenes artistas e a sua visión da cidade.
È un pracer, ademáis, invitarvos a seguilos traballos de Miguel Cuba e Jesús Madriñán. Encontreinos gracias o seu paso pola Academia de España en Roma.
No ano 2017-18 contamos coa presencia na Academia de Miguel Leiro (proxecto Civitá) e Álvaro Nero estudiando a presencia pictórica como motivo. No curso 2018-19 Lara Dopazo Ruibal, Nicolás Combarro, Pablo Fidalgo e Borja Santomé Rodríguez son os artistas galegos residentes na Academia.

Roma lugar de encontros galegos

O pracer de estar en Roma moltiplícase cos de tantos paisanos que un encontra. Cada un coa sua historia, que pasa a formar parte da cidade, da nosa.
Aquí estamos na sala do Instituto Cervantes en Praza Navona, co director Juan Carlos Reche, con Manuel Rivas e o profesor Attilio Castellucci.

manuel rivas roma en galego

Aquí te deixamos, ademáis, unha entrevista da televisión galega co fundador de EnRoma: Un guía galego en Roma

Un guía galego, En Roma.

«No se puede desconocer que el primitivo instrumento del lirismo peninsular, no fue la lengua castellana, ni la catalana tampoco, sino la lengua que, indiferentemente para el caso (en aquella época era la misma), podemos llamar gallega o portuguesa» (Menéndez y Pelayo).

Lorca en galego

Tamén Federico García Lorca veu a nosa lingua coa gravitación natural de outros tempos e aquí tendes unha mostra:

Madrigal à cibdá de Santiago

Chove en Santiago
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecido o sol.

Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.

(Federico García Lorca, Seis poemas galegos)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Contáctanos

Si deseas más información escríbenos, haremos todo lo posible para ayudarte.

Contáctos

06 8952 9825
[email protected]

Horarios

Lunes – Viernes 9am-4pm 
Fín de semana – Cerrado

Dirección

Via Sommacampagna 9, 00155, Roma, Italia